Nestes días na que a ausencia de novidades neste mundo de videoxogos é bastante elevada, comezan a circular rumores para dar un pouco de vida ao mundiño este. Que si, que son rumores e non hai que facer moito caso, mais a verdade é que ultimamente acertan bastantes cousas.
Neste caso é MCV o que nos informa de que poderiamos ter unha rebaixa do prezo da PS3 na Gamescom en agosto.
Aínda así parece que o tema non está nada claro, xa que algunhas estimacións de fontes anónimas din que podería custar 229€ mentres que as tendas fixan o prezo en 199€.
E que di a Sony? Pois o típico “sen comentarios” sae da boca dos seus representantes.
Estaremos pendentes na próxima feira de videoxogos (cada vez con máis peso), a Gamescom, que se celebrará do 17 ao 21 de agosto.