O Deus Miyamoto “canta claro” sobre Wii U

Por: Mércores, 22 de Xuño de 2011

Moitas compañías son as que están falando desta nova máquina ao respecto, e todas elas, como non (por un lado con certa lóxica) sobre a potencia gráfica da propia.

Primeiro Sony menciona que non ten ningún medo a Wii U polo que non ten pensado sacar outra consola a curto prazo, e despois Ubisoft dixo que non sería complexo facer “ports” de Xbox 360 e PS3 para a nova consola de Nintendo con calidade igual ou superior.

Pero agora tócalle falar a Deus en forma de Miyamoto, e como boa persoa que parece e que non se quere andar con tonterías ao respecto dinos o que todos temiamos, que o punto forte será o mando e non a súa calidade gráfica. Upssss, e eu por qué xa intuiría isto?

“Estamos intentando encontrar o equilibrio correcto entre a CPU e a GPU, o procesador gráfico, e ofrecelo todo aproveitándonos das capacidades HD do sistema.
Por suposto intentamos, con moita delicadeza, facer todo isto a un prezo apropiado. Así que non sei se seriamos capaces de sentarnos aquí e afirmar que vai sobrepasar necesariamente e de forma drástica aos sistemas que hai agora. Forma parte do equilibrio que estamos buscando, intentando encontrar entretemento novo e único.“

Despois destas palabras de Miyamoto parece que lle queceu a língua e tamén deixou caer que non estaba de acordo coa estratexia seguida por Nintendo e que lle parecía imprudente presentar unha consola con este tipo de mando.

Parece como se me estivese escoitando a min mesmo, porque é exactamente o que opino, pero sae da propia boca de Shigeru Miyamoto, así que cada un que saque as conclusións que desexe.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario