Proun é un deses xogos que captan a atención do xogador polo seu curioso plantexamento, un xogo que se alonxa dos típicos xogos e preséntanos un título artístico con toques abstractos no que teremos que manexar a unha esfera por un cable evitando chocar cos numerosos atrancos que atopamos no camiño.
Como acontece neste tipo de videoxogos a velocidade é fundamental, polo que comezaremos nunha velocidade moderada que se irá incrementando paulatinamente até estar ante un verdadeiro reto.
Pero non só merecemos presentar a Proun pola súa notable apariencia e innovador plantexamento, se non que o seu creador Joost van Dongen arríscase coa seguinte frase “paga o que queiras polo meu producto”,e así o fai. Os usuarios serán os encargados de escoller o prezo que lle parece adecuado ante este título.
Así que xa sabedes, o título estará á nosa disposición o 24 de xuño, polo que podedes ir pensando o que queredes pagar por el.
20 … buena pinta.