A Wii U usará discos específicos de 25GB

Por: Mércores, 15 de Xuño de 2011

Está claro que a actualidade deste mundo pixelado está nas mans de Nintendo, máis que nada porque cada día sacan datos novos sobre a súa próxima consola Wii U, e algúns destas novidades de bastante transcendencia como a que paso a comentarvos.

A Wii U empregará discos específicos creados por Nintendo de 25GB de capacidade (o que xa ten a PS3), e será incompatíbel con Blu-Ray e DVDs.

Concretamente estas foron as palabras de Iwata:

Cremos que bastante xente ten xa cacharros cos que reproducir Blu-Ray e DVDs, así que non merece a pena o coste de engadir esa funcionalidade a Wii U por as patentes relacionadas con esas tecnoloxías.

Pola miña parte teño que mencionar que non me preocupa este movemento que fai Nintendo, sempre e cando o seu prezo sexa razoábel, por suposto, pero aínda non mencionaron outro detalle que todos pasan por alto, a capacidade do disco duro.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “A Wii U usará discos específicos de 25GB”

  1. Na miña opinión é un erro por parte de Nintendo. Xa no pasado non lles foi ben tirando por un formato propio, e parece que non aprenden….

Deixar un comentario