Se non segues Memoria Pixelada…

Por: Martes, 14 de Xuño de 2011

Se non segues Memoria Pixelada = non estás informado das novidades videoxoguís

Se non estás enterado das novidades videoxoguís = arriscaraste a mercar un xogo malo

Se mercas un xogo malo = gastarás 70€ nalgo que non queres

Se mercas algo que non queres = enfadaraste

Se te enfadas = serás antipático

Se eres antipático = caerás mal

Se caes mal = non gustarás a túa cita de hoxe

Se non gustas a túa cita de hoxe = non establecerás relacións sexuais

Se non estableces relacións sexuais = enfadaraste aínda máis

Se te enfadas aínda máis = non durmirás

Se non dormes = imsomnio

Imsomnio = trastorno do sono

Trastorno do sono = enfermidade

Enfermidade = Morte

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Se non segues Memoria Pixelada…”

  1. aPeleteiro di:

    Seguindo a regra básica do A->B e B->C implica A->B (nom me lembro do nome)

    Se non segues Memoria Pixelada -> Morte xD

  2. Sempre podes meter outra moeda e ter outra vida… xDDD

Deixar un comentario