Gameplay de Assassin´s Creed:Revelations

Por: Sábado, 11 de Xuño de 2011

No E3 tamén amosaron un vídeo con gameplay do próximo Assassin´s Creed, e para min, volvemos a ver máis do mesmo.

Móstrannos un Ezio moito máis vello e canoso, pero que non perdeu ningunha das cualidades que o fixo famoso, como escalar calquera superficie ou pelexar contra varios protagonistas. Ademáis, como se pode comprobar no vídeo, verémonos en situacións bastante espectaculares, como incendiar barcos como se fosen de papel e tentar escapar do propio incendio.

Pero a min ségueme sen convencer, xa que como continúe na mesma línea que os anteriores váiseme facer moi lento e aburrido. Non digo que haxa misións (como a que vemos) que sexan divertidas, pero case estou por asegurar que non todas van ser así…

Sempre o dixen, na miña opinión a esta saga fáltalle dinamismo. Veremos nesta entrega.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Gameplay de Assassin´s Creed:Revelations”

  1. Agrella di:

    Personalmente se conservan os cambios que fixeron no Brotherhood e fan algúns engadidos pode resultar divertido. (O brotherhood o era, había máis variedades nas misionaciñas secundarias e estaban todas hiladas na historia)

    O que si espero que siga sendo é un xogo ben escrito, porque o seu guión é o que o fixo triunfar.

Deixar un comentario