Uncharted 3 (tráiler e gameplay)

Por: Martes, 7 de Xuño de 2011

Como vos podedes dar conta estou facendo mención só aos detalles máis espectaculares ou que máis me chamaron a atención de cada conferencia. No caso de Sony, o que máis me sorprendeu é que soltasen prenda e dixeran o prezo e posíbel saída da súa PS Vita. Esta información xa a comentamos no noso Twiter (si, para os máis despistado agora tamén nos podedes seguir as 24 horas no Twiter), e custará entre 249€ e 299€ dependendo da versión que elixamos. A data de saída?, posiblemente a finais deste ano.

Pero aínda que isto me chamou a atención, non é o suficientemente espectacular como para amosárvolo na páxina, así que déixovos con outro dos xa clásicos de PS3, Uncharted 3.

A continuación podedes desfrutar do tráiler e do gameplay deste xogo que promete superar aos anteriores, aínda que tamén promete a súa nula dificultade como os anteriores. Botádelle un ollo, porque realmente son os dous vídeos moi espectaculares.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario