O mundo dos MMO é enorme e pro máis que estea repleto de clons e clons do World of Warcraft, de vez en cando xurde algo que ten visos de ser diferente,e é o caso do xogo do que aquí vou falar: O DC Universe Online.
E preguntaredesvos que me oferta este xogo que non me poida ofertar calqueira outro dos miles de MMOs que hai no emrcado, tanto de pago coma gratuito. Ben por un lado, se es un fan da banda deseñada e da xente en pixama está claro, os superheroes de dc son todos xa icónicos e a esperiencia de poder crear un personaxe que combata o lado ou contra deles é algo que para un fan da compañía non ten prezo (bueno si o ten, uns 12 Euros ó mes exactamente).
- Alguen necesita compensar moito
Da outra cara temos unha xogabilidade que se afasta do modelo proposta pola recoñecida creación de Blizzard para achegarse un pouco máis a dun Beat’em all, o que nun principio proporcionanos unha experiencia distinta. E digo nun principio, porque esa xogabilidade algo máis fluída en seguida descobrese como so aparente.
Outro punto a destacar é que o xogo intenta englobar todo dentro dunha historia (ademáis unha historia moi comiqueira), algo que de novo so acada a conseguir na primeira hora de xogo , e que despois vaise desdibuxando cada vez máis, pola necesidade de facer raids e mazmorras, alonxadas xa do suposto arco argumetnal.
- “Que va, meu personaxe non é unha copia de Hulk”, di HUlko 43
Por último Dc Universe Online sofre o mesmo problema que sofren todos os MMo, a repetitividade das misión, que moita veces terminan por ser só unha excusa para conseguir puntos de XP ou novo equipamento, en vez da experiencia absorbente que debería ser. Como opinión, so recomendaría o xogo a xente que lle gusten este tipo de xogos e que queira probar un máis orientado a acción ou a fans acérrrimos de Superman, Batman e compañía.
Os MMO chegárom ao seu zénite com o Ragnarok Online. E que ninguém mo discuta! 😉
A min os MMO con mudos persistentes agobianme un cacho. Todos deberíades probar o League of Legends xDDDD