Anotade ben a data do 16 de xuño pois é o día que sairá a luz a ansiada continuación da grandísima aventura gráfica Hollywood Monsters. A cal, da man de FX Interactive, ven cargada de contido por tan só 19,99 €.
No lote orixinal, que inclúe o xogo contando cun completo manual a cor e unha guía oficial por si nos quedamos atascados, tamén ben incluido de balde a primeira parte do xogo completamente de balde.
E por se iso fóra pouco, FX Interactive ven de anunciar tamén que porá a disposición dos usuarios, e completamente de balde, o xogo Runaway, outra inmensa aventura gráfica. A descarga pode realizarse ata o día 16, xusto cando se lanza Hollywood Monsters 2, co que a espera vaise facer máis amena.
Sen máis, só nos queda desfrutar de Runway, mentres agardamos a que chegue o día 16.
Non é unha segunda parte ao uso, de feito o de “Hollywood Monsters 2” é unha argucia comercial (Hollywood Monsters funcionou moi moi ben no mercado hispano e italiano, que é onde levará ese nome), noutros países (nos que xa saíu hai tempo) leva o nome de “The Next Big Thing”. En realidade, sería un Hollywood Monsters Evolution, como apuntan dende a propia Pendulo.
Hollywood Monsters partía dunha premisa moi atractiva da que non souberon tirar proveito. HM é unha aventura cunha trama nada consistente e un deseño zoupón (deixemos á parte a grotesca dobraxe de certos personaxes), que se comeza a vir abaixo xa co remate da parte de Sue. Esa é a razón de ser deste xogo, facer ben agora o que non puideron facer no seu tempo, aproveitando a experiencia acumulada destes anos e a evolución do estudio. O que non me chista é que reciclen crebacabezas, só polas capturas que puiden ver, así é nalgún que outro caso. Que vai ser tan simple como todas as aventuras que saen hoxe en día, tamén é máis ca unha sospeita.
Algún lustro destes farei a análise de Hollywood Monsters, que para min representa o maior dos misterios cos que espetei no mundo da aventura, que non se refire a outra cousa que á grandísima consideración que lle teñen boa parte dos xogadores hispanos, colocándoa no máis elevado do xénero. Xa vexo, Peleteiro, que ti non es un deses XD
Mención especial para FX, que debería ser a norma, pero é a excepción, prezos razoables e boas edicións.
Saúdos
Escribino dende a miña ignorancia ó respecto, agradécense estas correccións, pois aseguroche que non estaba ó tanto do mesmo. E si, FX debería ser norma e incrible como xa fixeron co Runaway 2, que regalaba o 1 no mesmo lote.