Por fin chegou, despois de que Crystal Dynamics amosase unha serie de imaxes da súa nova entrega de Lara Croft agora chega o primeiro tráiler. E a verdade, a sensación que daban as imaxes no vídeo está multiplicado por mil, é dicir, angustia, medo, supervivencia, fraxilidade, inexperiencia… e aínda que o vídeo sexa un CGI, a min deixoume verdadeiramente satisfeito, xa que a espectacularidade predomina ante todo.
Como veredes, Lara Croft deixará a un lado as aventuras brancas e lixeiras para incrementar a dureza nas situacións, e para aseguralo teremos que esperar até outubro de 2012, ou polo menos esta é a fecha polo de agora.
Correxide “Tomb”.
¿Chegará a PC?
Grazas por avisar do despiste Noemi.
O xogo actualmente está sendo creado para Xbox 360, Playstation 3 e PC así que non terás problema en probar esta nova sorpresa no teu ordenador o próximo ano.
Esperemos que sexa tan bo como promete nun inicio.