Estamos fartos de escoitar sobre o bos que son algúns videoxogos, sobre as sensacións que transmiten, os recordos que nos perduran ao longo dos anos e toda unha serie da vantaxes que nos inundan, pero por que non darlle a volta o pastel e vemos cuns ollos máis optimistas as vantaxes desta serie de videoxogos que nunca deberían ter saído ao mercado.
Aquí vos deixo 10 vantaxes de xogar a un título malo.
- Empregalos como somníferos. Como contraposición, se un xogo non é divertido é que é aburrido, e o aburrimento sempre fomenta o sono.
- Permíteche atender a varias cousas á vez, é dicir, se estás xogando a un título bo, a túa atención está completamente fixada no videoxogo, pero se o xogo é dos ruíns podes aproveitar para escoitar música ao mesmo tempo, estudar un pouco entre carga e carga… xa que o interés polo título non é completo
- Se es dos que pensas que un bo crítico só se dedica a poñer a parir filmes, libros, videoxogos… pois tes unha vítima para facer seguir medrando a túa tontería.
- A merca dese videoxogo produce ganancias á empresa desenroladora, estas ganancias converteranse en motivacións,estas motivacións permitirán crear outro xogo que poida ser mellor que o primeiro (demasiadas casualidades se deben dar)
- Acabas de coñecer a unha persoa coa mesma consola que a túa e cun impresionante xogo que acaba de saír ao mercado. Pois xa podedes facer un intercambio, ti déixaslle a túa trangallada e el a súa obra de arte. O único que pode saír perdendo e el.
- Sérveche para vendelo de segunda man nunha das tantas tendas que levan a cabo este proceso, e sei de primeira man que danche tanto polo mellor xogo do mercado como pola peor “bazofia” do planeta.
- Un xogo sempre aumenta a túa colección, deste xeito ao mirar como a túa estantería se vai cubrindo de videoxogos , medra o teu interior friki facéndote máis feliz.
- Cando xogas a este tipo de videoxogos é imposíbel non tentar berrar e insultar polos cartos malgastados. Con estes berros e insultos liberas adrenalina que che fan esquecer calquera dor que tiveses anteriormente.
- Unha vez que rematas o xogo pregúntaste, Como pode haber persoas que saquen esta cousa a un prezo tan elevado? Como hai xente que se aprobeite dos consumidores deste xeito? Como nos poden enganar con tanta publicidade enganosa? Inconscientemente estás aprendendo a sobrevivir no mundo no que estás, con preguntas que o mellor nunca te farías. Estes xogos estante preparando para os paus que da a vida.
- Sérveche para crear un post bastante innovador sobre as dez vantaxes que ten xogar a un xogo pésimo.