Ingame de The Darkness II

Por: Xoves, 2 de Xuño de 2011

A unha semaniña de que algúns privilixiados poidan probar este título no E3, os creadores queren manternos a ilusión no corpo e sacan á luz este tráiler con imaxes reais do propio xogo, e persoalmente gustoume o que vín.

E gustoume porque non perde o encanto da primeira entrega, como son os escenarios no metro, rúas molladas pola auga, tentáculos carnívoros… aínda que por outro lado, no vídeo aparecen partes en que a calidade gráfica diminúe, ou iso é o que me parece a min.

Tamén deixa patente que será unha entrega máis dura e violenta que o seu predecesor, pero é que cando a escuridade desata a súa forza, quen pode controlala?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario