Horarios das conferencias do E3 2011

Por: Xoves, 2 de Xuño de 2011

Como xa saberedes estamos a piques de entrar de cheo na maior feira de videoxogos do mundo, o E3, e como acontece anualmente as empresas máis importantes do sector farán as súas respectivas conferencias para presentar os seus proxectos.

Por se andades un chisco despistados, déixovos a continuación o día e hora das conferencias máis importantes para que teñades oportunidade de velas en directo:

  • Konami: 2 xuño 2011, Evento Pre E3, 2:oo horas
  • Microsoft: 6 xuño 2011, 18:00 horas
  • Electronic Arts: 6 xuño 2011, 21:30 horas
  • Ubisoft: 6 xuño 2011, 23:30 horas
  • Sony: 6 xuño 2011, 02:00 horas
  • Nintendo: 7 xuño 2011, 18:00 horas

Xa sabedes, hoxe mesmo as dúas da mañá podedes ver a conferencia de Konami en directo dende a súa páxina oficial, aínda que non sexa un horario moi cómodo para nós, a verdade.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario