Folioscopio de Sonic

Por: Mércores, 25 de Maio de 2011

Anos despois da idade de ouro da mascota de Sega, o ourizo azul aínda está no corazón de moitos xogadores, e o seguinte vídeo demostra este feito no que veredes a Sonic correr dunha forma moi peculiar.

Un grafito, un papel, unha boa man para o deseño gráfico e a obra está feita.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario