Xa falamos anteriormente deste videoxogo, primeiro cun espectacular tráiler e pouco despois con outro bastante menos prometedor.
Agora amósannos o primeiro vídeo ingame no que podemos ver con claridade como se desenrolará este título, e nun principio a min non me chama nada a atención. Non só polo apartado técnico (que vai xustiño para os tempos que corren), xa que nos temas das situacións que acontecen tampouco alcanzan un nivel correcto.
Polo que parece as armas de lume escasean, e que me dicides desa cutre patada?
Non sei, finalmente cada vez paréceme menos atractivo para un xogo que está en boca de todos e que aspiraba a ser un dos grandes. Aínda están a tempo de que sexa un xogo divertido, que a fin e o cabo é do que se trata, pero a verdade, nun primeiro instante eu non apostaría demasiado por el.
E para rematar unha frase que xa é máis que habitual en Memoria Pixelada: espero que me teña que tragar estas palabras.