Así é: Microsoft ven de anunciar que coa vindeira actualización para as súas consolas XBOX 360, aparte de outras melloras no sistema XBOX Live, engadirán a posibilidade de realizar pagos mediante PayPal, co que os usuarios terán unha posibilidade máis de pago, sen ter que dar os datos da súa tarxeta de crédito ou mercar as tarxetas de Microsoft Points ou subscripcións a XBOX Live.

Será como consecuencia da filtración masiva de datos persoais e bancarios de millóns de usuarios do ataque sufrido por Sony recentemente??

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

1 Comentario a “Microsoft permitirá os pagos mediante PayPal en XBOX Live”

  1. Skaltum di:

    Si, eu tamén penso que é para dar unha resposta ao problema que están a ter os de Sony coa súa plataforma online, e así aprobeitar o seu baixón para tentar captar algún cliente máis.
    Por outro lado non vexo porque non fixeron isto antes, é dicir, máis comodidade, máis seguridade…

Deixar un comentario