Carmageddon podería volver aos videoxogos

Por: Luns, 23 de Maio de 2011

A polémica saga de condución Carmageddon podería volver ao mundo dos videoxogos grazas a conta atrás que sacaron na súa propia web.

A inesperada conta atrás remata o día 1 de xuño (xusto antes do E3), e polo que parece estariamos ante un inminente novo videoxogo de Carmageddon. Recordemos toda a polémica que captou esta saga polo feito de ter que conducir atropelando persoas,mentres que a súa cuarta entrega que ía ser sacada á luz no 2005 fora cancelada, pasando formar parte de Eidos.

Estaremos ante a definitiva volta de Carmageddon?, todo parece afirmar isto, mais tocará esperar uns días para asegurar todo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Carmageddon podería volver aos videoxogos”

  1. Bufff…. que recordos con esta xa mítica saga!!! A ver se é verdade e podemos volver desfrutar.

    Un saúdo. 😉 😉

  2. bitthor di:

    meu deus mira que non tenho asasinhado cabezas de gando o volante do meu coche a emocion dun escenario ke permitia sair duns certos limites do escenario ke non permitian outros xogos .e nakeles grandes ordenadores de finais dos 90

  3. Skaltum di:

    O gando non daba moitos puntos, había que buscar ás mulleres embarazadas…

Deixar un comentario