E eu sen coñecer esta xenial páxina pixelada que nos fai saír os nosos mellores recordos con estes trebellos que se denominan consolas.
Vós podedes entrar e escoller a vosa consola preferida, pero eu hoxe quérovos amosar esta pequena marabilla.
Cantas horiñas diante dela, cantas noites apenas sen durmir, cantas xenialidades en forma de cartuchos…
O cartucho, so mesmo xeito co vinilo…tiñan ( e teñen) un encanto especial…non che sei explicar…Apertas meu. Sigo na sombra grazas a Latrica
É certo, teñen o seu aquel, os recordos de andarlle soprando nos cartuchos, o son cando o metías na consola… xD.
Eu teño uns recordos inmensos e todos fermosos.
Grazas por seguirnos An.
Saúdos
esta no recordo da nosa non lonxana infancia as horas pasadas enfronte deste peculiar maquininha que suxeitaba a silla da cocinha mentras as nosas nais facian a cea e nos non cansos de xogar insistiamos unha e outra vez en cada eterna partida.
A revolución que trouxo Mario 64, a superación deste por parte do Banjo Tooie, as infinitas horas a pique con compañeiros co Goldeneye. O Star Fox e as súas naves, as pelexas do Smash Bross e as carreiras insuperábeis do Mario Kart.
Como me sigades invitando a recordar momentos e momentos con esta consola ides conseguir que me saia algunha bágoa.
É normal que case che veñan as bágoas ós ollos!!! Cantas horas de vicio non teremos pasado con estes “trebellos do inferno” (como o denominarían moitos pais).
Eu aínda o outro día conectei a SNES na tele de 37″ e hai que dicir que é unha experiencia totalmente increíble.
Un saúdo. 😉 😉
Pois agora que o dís e se me estropeou a Xbox 360 (eu pensando que aguantaría até a próxima xeración), vai sendo hora de volver conectar a miña NES de novo para rememorar grandes títulos.
Chamádeme clásico se queredes, pero o primeiro cartucho que meterei será o do Super Mario Bros 3.
Despois seguirei con outros xogos de encanto como Adventure Island,Excite Bike,Mappy, Battle City…