Novo tráiler de Dead Island

Por: Martes, 17 de Maio de 2011

Se recordamos un pouco, o anterior tráiler de Dead Island fixo que todos fixaramos o noso punto de vista no título de Deep Silver. Agora podemos ter a oportunidade de ver este outro tráiler, pero como diría eu?, é bastante máis aburrido que o que se esperaba despois do anterior.

Así, observamos unha illa paradisíaca na cal pronto comeza a reinar o caos, a destrución, os seres mutilados… e todo isto escoitando unha bonita melodía de fondo.

Polo que me parece a min (até próximos ingame no E3, ou iso espero), o xogo comeza a baixar do pedestal do que subíu grazas o primeiro tráiler, pero ou moito me trabuco, ou non deixará de ser outro título máis de zombies.

E vós diredes, e todo isto intúelo só por uns vídeos?, pois a verdade, si, e oxalá teña que tragar as miñas palabras.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Novo tráiler de Dead Island”

  1. Totalmente de acordo. Haberá que agardar a ver algo ´ingame´ para poder ter unha mellor opinión. Despois, tamén haberá que ver como é a xogabilidade (moi importante neste tipo de títulos), xa que non todo son os gráficos… jejeje

    Un saúdo. 😉 😉

Deixar un comentaio a NetOverflow