Se recordamos un pouco, o anterior tráiler de Dead Island fixo que todos fixaramos o noso punto de vista no título de Deep Silver. Agora podemos ter a oportunidade de ver este outro tráiler, pero como diría eu?, é bastante máis aburrido que o que se esperaba despois do anterior.
Así, observamos unha illa paradisíaca na cal pronto comeza a reinar o caos, a destrución, os seres mutilados… e todo isto escoitando unha bonita melodía de fondo.
Polo que me parece a min (até próximos ingame no E3, ou iso espero), o xogo comeza a baixar do pedestal do que subíu grazas o primeiro tráiler, pero ou moito me trabuco, ou non deixará de ser outro título máis de zombies.
E vós diredes, e todo isto intúelo só por uns vídeos?, pois a verdade, si, e oxalá teña que tragar as miñas palabras.
Totalmente de acordo. Haberá que agardar a ver algo ´ingame´ para poder ter unha mellor opinión. Despois, tamén haberá que ver como é a xogabilidade (moi importante neste tipo de títulos), xa que non todo son os gráficos… jejeje
Un saúdo. 😉 😉