Non fai demasiado tempo un dos responsábeis de Ubisoft mencionou que se cancelaran dous proxectos, e as especulacións comezaron a invadir a rede.

Os títulos que máis papeletas tiñan para esta cancelación foron a segunda parte do esperadísimo Beyond Good & Evil (tráiler tan espectacular non era normal para un xogo así) e o camiñante pola corda frouxa I Am Alive.

Non me sorprende que os usuarios pensasen nestes títulos como cancelados, xa que por parte de Ubisoft xa andiveran a voltas entre cancelados, ou non.

Personalmente aínda non lle vexo moito futuro, pero polo de agora parece ser que son xogos que aínda están vivos, que aínda quedan esperanzas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario