Xa non hai volta atrás, a dura pelexa da pre-saída de novas consolas das tres grandes compañías xa abarcan todo.

A primeira en saberse rumores dela foi a nova consola de sobremesa de Nintendo, o proxecto denominado “Project Café”. Moitas especulacións saíron á luz, pero polo de agora oficialmente só se sabe que será presentada no proximo E3 (primeira semana de xuño).

Agora tócalle o turno a Microsoft, e deste xeito segundo fontes fiábeis de Develop, a sucesora de Xbox 360 xa podería estar en mans de Electronic Arts.

A verdade é que non me extraña este movemento de Microsoft,xa que sendo a consola que máis tempo leva no mercado (dende 2005),non se pode acomodar ante o movemento de Nintendo. Dende a mesma fonte a consola sairía a finais de 2012, e aínda que hai múltiples opinións en se estará presente neste E3,parece que a idea máis extendida é que non.

Así,Nintendo poderá adiantarse un ano coa nova xeración de consolas ante a súa competencia, e recordando o ben que lle saíu a Microsoft con esta xeración, moito me temo que Nintendo repetirá éxito.

E que hai de Sony?,pois como cada vez é máis habitual,aínda non dixo nada, supoñendo que darán preferenza á súa NGP. Así, moito me temo que volverá a ser a última en lanzar a súa nova consola.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “A próxima consola de Microsoft xa podería estar en mans de EA”

  1. Home… Microsoft, xa lle vai tocando mover peza, que a Xbox, xa vai estando limitadiña para mover algúns videoxogos (e nótase de carallo!!!).
    En canto a Sony?? Creo que andan máis preocupados pola que se lle ven enriba polo ataque a PSN, etc. Ademáis, malamente dan aproveitado o potencial que ten a PS3 (programar para 7 núcleos non é nada sinxelo), como para sacar unha consola nova, cando a que teñen agora, aínda non amosou nada do que pode ofrecer.

    Un saúdo. 😉 😉

  2. Skaltum di:

    Home,tanto como que PS3 non amosou nada do que pode ofrecer non creo,pero que pode dar moito máis de si seguro.
    Pero agora Sony terá que tomar unha decisión,porque ou tenta explotar a súa consola ao cen por cen (toda unha fazaña para os programadores), ou ben centrarse noutra consola de sobremesa.
    E honestamente, non sei como lle irá se deixa que as demáis compañías estreen consola nova e eles continúen anos coa PS3.

Deixar un comentario