A estas alturas non descubro nada se menciono o problema que está a sufrir a plataforma on line de Playstation. Ben sabedes que PSN sufríu un ataque no que chegaron incluso a roubar datos persoais de usuarios mantendo en tensión a toda a xente de Sony.

Estes nun inicio acusaron a Anonymous (grupo de hackers dos que non se sabe absolutamente nada deles (recoméndovos que vexades este vídeo no que falan sobre esta lei que pretenden sacar en contra das descargas) deste ataque,aínda que Anonymous pronto desmintíu isto.

Pero os de Sony son bastantes cismóns, e volveron mencionar que esta organización podería estar detrás do ataque á súa plataforma online,co cal volveron recibir resposta de Anonymous:

Se hai unha investigación lexítima e honesta respecto ao asunto de roubo de números de tarxeta de crédito, demostrarase que Anonymous non ten nada que ver con esto.

Somos un grupo que non tolera o roubo de números deste tipo, noso liderazgo non o consinte. Nós estamos preocupados por outros temas, como o abuso de poder e as xustificacións dos executivos e líderes que cren que son inmunes tanto personalmente como económicamente por ter altos cargos en fortes empresas, ou postos públicos.

Con isto a discusión está aquí, será Anonymous?, non será?,vós que opinades ante toda esta situación?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Anonymous segue insistindo en que non teñen nada que ver co ataque a PSN”

  1. Parece ser que os de Sony basan as súas acusacións en que atoparon un arquivo nun dos seus servidores co nome ‘Anonymous’ e co lema do grupo “Somos lexión.” Xa ves ti que gran proba!!! Iso puido poñelo calquer outra persoa sen pertencer a Anonymous. Tamén é posible que algún dos membros do grupo actuase pola súa conta.

    A min dame que como últimamente se oe moito falar de Anonymous, os de Sony quixeron colgarlle o morto, porque lles resulta moi fácil e pola de demandas que lles van cair enriba por semellante filtración de datos persoais e bancarios…

    Un saúdo. 😉 😉

Deixar un comentario