The Darkness 2 o 7 de outubro

Por: Mércores, 4 de Maio de 2011

Un dos xogos máis infravalorados desta xeración vai ter continuación, e moito máis pronto do que esperabamos.

Tendo en conta que non amosaron case nada de The Darkness 2 (só unhas poucas imaxes e o teaser que o tedes a continuación) nunca pensei telo nas tendas tan relativamente pronto.

Así, o 7 de outubro é o día escollido para que volvan renacer os seres da escuridade, e nós, podelos controlar ao noso antollo.

Aquí vedes o teaser no que non se nos ensina case nada, pero sérvenos para saber que o título está máis que vivo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “The Darkness 2 o 7 de outubro”

  1. Totalmente de acordo. A primeira parte encantoume. A ver que tal esta segunda entrega.
    E mira ti que ben que sae xusto uns días antes do meu cumpreanos… a ver se cae. XDDD

    Un saúdo. 😉 😉

    A data que aparece ó final xa ben podía estar en formato yanki, así sería o 10 de xullo e non teriamos que agardar tanto… JAJAJA

Deixar un comentario