Estamos acostumados a ver saltar a Mario polos seus escenarios e aínda que a diversión está asegurada, o espectáculo podería ser maior. E digo isto porque despois de ver brincar,caer,ostiarse,rodar e demáis movementos acrobáticos destes xenios do parkour,Mario queda a un paso (ou salto) por detrás.
Sempre me chamou a atención este deporte, e miro con envexa, como este grupo realiza as máis variadas coreografías a base de saltos espectaculares.