Novo video in-game do Battlefield 3

Por: Luns, 18 de Abril de 2011

Xa circula pola rede un novo vídeo in-game do agardado título “Battlefield 3.
Polo que se pode observar, os detalles gráficos que terá o xogo son de moi alta calidade, subindo un pouco máis o listón para os seus competidores neste mundo dos videoxogos onde cada vez se esixe máis e máis nivel de realismo.

Se todo vai ben, está previsto que o videoxogo estará nas tendas aló polo cuarto trimestre deste ano… xa queda menos.

“2014. As forzas da coalición dirixidas polos marines norteamericanos continúan as operacións de pacificación a través das fronteiras iraquí e iraní para recuperar a estabilidade da rexión. As forzas da marina xa estiveron afrontando unha crecente e hostil insurxencia entre Irán e Iraq, próximo a Sulaymaniyah. Os ataques mostran signos de organización. A insurxencia é coñecida como PLR.”

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

4 Comentarios a “Novo video in-game do Battlefield 3”

  1. Skaltum di:

    Como se nota que esta xeración é a dos FPS, aínda que como aficionado a eles estou bastante contento que saquen títulos desta calidade, porque como se apreza no tráiler, esta terceira entrega ten un pintaza incríbel, aínda que nun xénero tan trillado, como se pode innovar?

  2. Eu creo que éste é un xénero no que é moi difícil innovar, e, sobre todo, que teña boa acollida, xa que é un xénero moi explotado e non hai máis que ver a enorme cantidade de títulos que hai deste estilo.

    A miña pregunta é: será compatible co Kinect? Porque pode ser as risas… xDDD

    • Skaltum di:

      Home,respondendo a túa pregunta, eu teño a esperanza de que ……NON.
      Xa fai tempo que me puxen en contraposición a estos aparellos “casuals”,pero xa que os sacaron ao mercado, polo menos que non boten por terra proxectos con tan boa pinta como este Battlefield.

      • Home, xa… eu dicíao porque pode resultar curioso xogar a este tipo de videoxogos con eses “aparellos casuals” como ti dis… xDDD

        Pero ó final, para un xogador habitual, un mando é un mando e o demáis son conachadas.

        Un saúdo. 😉 😉

Deixar un comentario