Todos aqueles que amamos as plataformas creo que sempre tivemos unha pequena curiosidade con respecto a estos videoxogos,e non é outra que o de ver ao noso protagonista cun motor gráfico impactante.

Explícome. Estamos acostumados a ver FPS realistas, aventuras gráficas que parecen reais, pero por algún motivo os plataformas sempre acaban cun apartado técnico…diferente.

Pois en Wildgames atópome cun destos proxectos realizado por fans que de seguir adiante arranxando os erros que vemos, podería convertirse nun referente (igual me pasei un pouco), pero como mínimo, curioso é.

Así,coas ferramentas que os desenroladores deixan aos usuarios, creouse este vídeo, no que vemos a Crash moverse co motor gráfico de Crysis. Está claro que aínda ten erros, sobre todo no referente aos saltos, pero imaxinemos por un momento que algunha empresa se fixa neste vídeo e decide realizar un Jak & Daxter realista. Cómo sería?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario