Primeiro tranquilicémonos, só é un rumor, pero imaxinade por un momentiño que isto que cada vez colle máis forza é verdade, e na próxima feira do E3 Nintendo aparece cun cacharro debaixo do brazo que rise na cara das súas competidoras Xbox 360 e Playstation 3.

GameInformer foron os primeiros en falar disto, dicindo que xa se estaba a especular nunha consola que movía gráficos HD superiores ás consolas actuais de sobremesa, e incluso que o prototipo xa se amosara nalgunhas “third parties”.

Coincidindo co rumor da rebaixa de prezo da Wii, xa se fala que será presentada no E3 deste ano, e sacada ao mercado en calquera día do 2012.

Canta fiabilidade hai nisto?, polo de agora non o sabemos, pero eu teño un puntiño de esperanza en que Nintendo se dese de conta que o camiño “casual” non é o axeitado e pretenda recuperar a todos aqueles usuarios e xogadores que fixeron de Nintendo o que realmente é.

Veña Nintendo,asegúroche que se fas isto fago como se esta xeración da Wii nunca existise.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Rumor do ano: Nintendo podería presentar unha nova consola no E3 potencialmente superior PS3 e 360”

  1. Home… rirse na cara das súas competidoras, non, máis que nada porque ésta xa sería unha consola da seguinte xeración, mentres que as súas competidoras hai que ter en conta que xa teñen máis de 5 anos, e neste mundo tecnolóxico, 5 anos é un abismo.

    En canto ó camiño que tomarán, a min tamén me gustaría se centraran un pouco máis nos xogadores máis habituais, pero dame a min que non vai ser así. ¬¬ ¬¬

    Un saúdo. 😉 😉

Deixar un comentario