“No 1 de abril van os burros onde non deben ir”
Este artigo é unha brincadeira do primeiro de abril. A capa do xogo foi sacada da versión vella do Chuza!, onde foi publicada polo seu autor, Maceirax.
Capa provisional promulgada pola LNB
A división galega de Nintendo España vén de anunciar a o primeiro videoxogo dedicado ao noso deporte popular: A Billarda. Así é, un acordo entre a Liga Nacional de Billarda e a compañía nipona fará posíbel que para este verán teñamos o primeiro xogo integramente galego para unha videoconsola doméstica.
O proxecto recibiu o nome de LNB Live, aínda que segundo filtracións da LNB todo indica que o nome definitivo será Wii-llarda. O xogo será desenvolvido pola compañía galega Gato Salvaje e contará co apoio económico de Galicola, Eroski e as tres universidades públicas galegas (USC, Uvigo e UdC).
Mais as sorpresas non acaban aquí, xa que o xogo será pioneiro na promoción do binormativismo da lingua galega, xa que a interface estará completamente en galego segundo a norma da RAG e en galego reintegrado segundo a norma da AGAL.
Só nos resta agardar ao verán para poder usar o wii-mote como palán. Avante palanadoras!
Interesante noticia.
Servirá isto para animar a máis compañías a crear en galego?
Aínda que isto está moi ligado ás ventas que acada, e non sei eu se a xente se animará… oxalá me equivoque.
Tamén vai servir para animar a toda a gentinha a celebrar o primeiro de Avril, indo para onde non debemos ir =D
Moi boa inocentada xD
E eu estampeime de forma violenta contra esta inocentada, caerei para a próxima?, terei que andar con máis tino xD.
Galego e con retranca. Estaba buscando un camiño para dixitalizar o 1 de abril e vos
amosachedesmo. Dende agora o 1 de abril no meu blog toca. O que veña xa sabe o que lle vai quedar