Opinión sobre a Nintendo 3DS

Por: Mércores, 30 de Marzo de 2011

Este luns o meu cerebro fixo un dobre “click” e decidín adquirir a innovadora Nintendo 3DS.

Moitas incógnitas tiña acerca desta nova portábel, como serían estas 3D?, gráficamente estaría á altura?,opcións do sistema?,tarxetas de realidade aumentada?,etc,etc. Agora podo responder a todas estas dúbidas e outras cuestións similares.

A continuación a miña opinión sobre a 3DS.

O primeiro que sorprende na 3DS é o seu menú, no cal poderemos escoller varias opcións diferentes como sacar fotos,acceder a pequenos minixogos que inclúe a máquina, opcións de consola, Realidade Aumentada… e todos estos apartados caracterizado por un icono en 3D que xa deixa entrever do que é capaz a consola.

Como xa dixen a consola trae diferentes apartados que comentarei un pouco.

1- Cámara de fotos:

Como sabedes a consola trae tres cámaras diferentes, dúas frontais e unha interior. As dúas exteriores son capaces de realizar fotografías en 3D (vídeos nunha futura actualización). A maiores ten a posibilidade de modificar as imaxes con diferentes aplicacións.

2-Grabadora de sons:

Unha curiosa aplicación que nos permite grabar as nosas propias cancións (ou subilas dende unha tarxeta).

3- Realidade Aumentada:

Quizáis o apartado que máis sorprende da consola. Coa 3DS acompáñanse unha serie de tarxetas, que unha vez que sexan detectadas pola cámara, veremos como saen destas tarxetas personaxes,criaturas e ata seis minixogos. Poderemos ver como Mario se move por enriba da nosa mesa ou como Zelda realiza as súas “poses”. Esperemos que nun breve futuro realicen máis destas tarxetas, porque ademáis pódense imprimir dende o ordenador. Eu dóulle un punto a favor a esta curiosidade.

4-Editor de Mii:

Aquí crearemos o noso propio Mii, que nos representará en Internet.

5-Xardín Mii:

Lugar onde aparecerán todos os Miis dos nosos compañeiros que detectemos andando pola rúa. Poderémonos comunicar con eles mediante mensaxes.

6-Atrapacaras

Isto é un minixogo no cal teremos que disparar a nosa propia cara (ou a dos compañeiros). Para apuntar abonda con mover a consola, e como curiosidade debo mencionar que detecta incluso até as caras que aparecen pola TV. Existen diferentes fases con monstros finais incluídos, aínda que a súa dificultade non é demasiado alta.

7- Opcións de consola:

Aquí teremos a posibilidade de realizar calquera cambio dentro da nosa consola, ben sexa nome de usuario,conexións a internet,etc.

Con todos estes apartados atoparédesvos tan pronto como encendades a vosa Nintendo 3DS, e agora pasaremos a concretar outros termos.

3D na nosa portábel

Sobra dicir que a grande novidade desta consola é a posibilidade de visualizar as tres dimensións sen necesidade de gafas, pero está realmente á altura?, comezarei comentando e opinando sobre a miña experiencia.

O primeiro que me sorprendeu foi que as 3D non son iguais que as que vemos no cine, é dicir, cando estamos no cinema vemos como as imaxes saen da pantalla, pero na 3DS a profundidade é para dentro da consola e non para fóra. Así, en vez de ver a profundidade para fóra da pantalla, vémola para adentro. Isto é un lastre?, pois definitivamente non.

A profundidade que se aprecia é impactante (será porque é o primeiro trebello que utiliza esta técnica), pero personalmente sorprendeume moi gratamente. Temos a sensación de que os obxectos están dentro da pantalla de verdade.

Moitos estaredes pensando, finalmente marea?,provoca dor de cabeza?, molesta?. Aquí hai diferentes opinións, é dicir, a min non me afectou en absoluto, nin me provocou dores, nin mareos, pero a compañeiros que a provaron dixéronme que en diferentes imaxes mareábanse un pouco. Supoño que dependerá da persoa, pero tranquilos que a consola ten un medidor de 3D, é dicir, poderemos regular estas tres dimensións ou incluso quitalas completamente.

Como xa dixen, eu non tiven ningún tipo de problemas coa consola,e como non, co medidor de 3D ao máximo.

Videoxogos de saída

O grande punto negro desta saída, xa que ningún dos títulos que temos a nosa disposición son grandes títulos. Monkey Ball, PES, Ghost Recon, Splinter Cell,Rayman… títulos que se crean só para aproveitar o tirón da consola, porque Nintendo sabe que se estes xogos os lanzan dentro dun ano non venden nin a carcasa. Pero polo de agora é o que hai, e eu decanteime polo Splinter Cell.

Pronto teredes o análise completo deste videoxogo, pero para que vos vaiades facendo unha idea da calidade gráfica que ofrece a consola teño que dicir que é bastante superior á NDS, pero tampouco destaca moito neste aspecto, chegando a un nivel que xa ofrece a PSP, máis ou menos.

Iso si, ver a Sam Fisher adentrándose en escenarios en 3D non ten perda.

Agora toca pensar en futuros títulos obrigatorios como MGS 3, The Legend of Zelda: Ocarina of Time, Super Mario Kart…

Actualizacións:

A Nintendo 3DS terá continuas actualicións que mellorarán a experiencia desta. Así irán engadindo apartados como a posibilidade de descargar videoxogos de consolas de Nintendo clásicas, posibilidade de realizar vídeos en 3D, visualizar vídeos, etc.

De momento só hai unha actualización dispoñíbel, na cal ofrecen un vídeo demostrativo en 3D e unha maior optimización da consola, como maiores puntos de acceso wi-fi.

Control:

Nesta nova consola introduciron un stick analóxico que melloran a experiencia nos videoxogos, e con referenza aos botóns teño que dicir que melloraron o seu tacto bastante, sobre todo os botóns R e L, que sobresaen un chisco da consola para que se poidan premer con maior comodidade.

O stylus cambiárono de sitio e agora terémolo na parte de atrás ca consola, e o stylus poderase encoller e estirar.

Con relación á pantalla táctil non a cambiaron nada, segue igual. Facíalle falta cambiar?, quizáis si… ou non.

Conclusión

Teño que dicir que as miñas expectativas da consola non eran tan boas como me atopei con ela. Tiña algo de medo cando a merquei, a verdade, pero a consola sorprende bastante tan pronto a encendes. As 3D son verdadeiramente boas (e iso que acaba de saír a consola), como será en xogos que as exploten de verdade?, pode ser algo moi bo.

As opción que trae a consola tampouco se queda atrás, aínda que eu sigo sen entender como volveron caer nos “chorras” códigos amigo. A rede segue atrancándoselle a Nintendo.

Unha pena que a cantidade de videoxogos que hai no mercado nestes momentos non estean á altura da innovadora consola, pero tempo ao tempo. Polo de agora a consola sorprende dende un inicio, e personalmente é moi aconsellábel.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario