Choraches con Gears of War 2?

Por: Mércores, 16 de Marzo de 2011

Esta pregunta parece inverosímil, pero sae das últimas declaracións de Epic Games os pensan que conseguiron facer chorar aos usuarios que probaron esta obra de arte, concretamente coa escena entre Dom e María.

Sexamos honestos, como reaccionastes cando vistes a dramática escena?, como mínimo formóusevos un bolo na gorxa e como máximo deixastes caer unha bágoas.

Antes de amosarvos as palabras de Rod Fergusson, executivo de Epic Games, teño que mencionar que están cargadas de grandes doses de spoiler, polo tanto se aínda non xogastes a esta marabilla debedes facer dúas cousas, a primeira deixar de ler e a segunda ir correndo a adquirir esta pedazo de xoia.

“Tivemos un gran éxito cola escena de María”, explicou Fergusson sobre a secuencia na que o propio Dominic Santiago debía acabar coa súa muller. “Se eras capaz de sumerxirte na súa historia e non pasabas cada secuencia, moita xente quedou afectada por esa escena”.

“Estivemos na Comic-Con e preguntei: Levantade a man se chorastes coa morte de María, e como a terceira parte dos asistentes levantárona´, así que pensei: Xenial, conseguímolo”, asegurou o executivo. “É o noso máximo á hora de contar unha historia? Non, pero foi un bo momento”.

Visto en 3DJuegos

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Choraches con Gears of War 2?”

  1. NetOverflow di:

    Home… tanto como chorar, non, pero foi unha sensación pouco agradable ó ver o que pasa, sobre todo despois de todo o que pasou o pobre Dom para volver estar coa muller.

    Cambiando un pouco de tema… pensades que haberá “rollito” entre Marcus e Anya no Gears 3??? xDDDDD

    Un saúdo. 😉 😉

Deixar un comentario