Recordades a primeira vez que fixo aparición Mario?, por suposto, era no clásico Donkey Kong no cal tiña que ir sorteando os obstáculos que lanzaba o simio ata chegar xunto a princesa.
Pois un dos seus fans imaxinou como sería unha versión nestes días que corren e o resultado é asombroso. Tanto que incluso o propio creador ten pensado sacar unha versión xogábel.
Non me extraña, porque verdadeiramente parece creación dunha compañía medrada, con bos gráficos, ambientación coidada e gran cantidade de situacións.
Así da gusto ver versións novas.