O Gears of War 3 o 20 de setembro

Por: Mércores, 23 de Febreiro de 2011

Eliminade todo o que teñades da axenda e apuntade a seguinte data en letras ben maiúsculas: 20 de setembro.

Porque este día volverán os Locust, aclararase a relación entre Marcus e o seu pai, veremos a un Dom destrozado pola súa amada e retomaremos a guerra sanguinaria.

Moito máis épico, máis espectacular, novas armas e promete un maior nivel de motivación. En Gears of War 3 acabarase a triloxía polo que saberemos dunha vez por todas cal é o seu final.

Aínda non tedes ganas de telo nas mans? 20 de Setembro, 20 de Setembro, 20 de Setembro…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

6 Comentarios a “O Gears of War 3 o 20 de setembro”

  1. NetOverflow di:

    Xa me tarda… jejeje.

    En canto ó de que acaba a triloxía, dame a min que sacarán algún máis, porque unha saga tan exitosa como é GoW… Non hai máis que ver que pasou co Halo, que supostamente tamén remataba no Halo 3, e xa sacaron dous xogos máis.

    Eu penso que sacarán outro videoxogo baseado nos acontecementos da batalla de Asphyo e no Día da Emerxencia.

    Un saúdo. 😉 😉

  2. Skaltum di:

    Eu tampouco creo que deixen de sacar xogos de Gears of War, pero o que si dixeron é que remataba a triloxía de Marcus Fenix.
    Como ben dis, é unha saga con demasiado éxito como para deixar de sacar títulos ao mercado, pero xa deixarán a un lado aos nosos protagonistas habituais para dar paso a outras tramas diferentes.
    A ver como inflúe este cambio nos usuarios que lle temos tanto cariño ao Pelotón Delta.

  3. NetOverflow di:

    Por certo, o 25 de abril poderemos comezar a botarlle un ollo ó Gears of War 3, xa que ese día sacan unha Beta, que estará dispoñible ata o día 15 de maio. Non é gran cousa, pero polo menos para quitar o “gusanillo” e non me refiro ó que aparecía no Gears of War 2… xDDDD

    Un saúdo. 😉 😉

  4. Despois de probar durante unhas cantas partidas a Beta do Gears of War 3, teño que dicir que a cousa pinta bastante ben.

    Gráficamente segue a ser moi similar ós anteriores, mellorando certos pequenos detalles, aínda que o “indicador de vida” (o círculo vermello que vai aparecendo segundo che van dando hostias), non me acaba de convencer demasiado. Agardo que sexa cousa da Beta e que na versión final do xogo cambie a cousa.

    No apartado da xogabilidade, teño que dicir que se nota diferencia coas entregas anteriores, pero quizáis se parece algo máis ó primeiro, que ó segundo, xa que da a sensación de máis velocidade. Punto a favor de Epic.
    Outra cousa que cambiaron un pouco foi ó coller un arma do chan: agora tes que manter pulsado o ‘X’ durante un segundo aproximadamente para coller a arma, non como antes que con pulsalo, xa a collías. Isto pode parecer unha tocadura de collóns, pero paréceme a min que o fixeron para evitar o truco de coller as armas en carreira que empregaban certos “elementos” para evitar que o boneco fixera a animación de coller a arma do chan, quedando exposto durante un par de segundos ós francotiradores, por poñer un exemplo. A cousa segue mellorando…

    Outra cousa que me gustou foi que durante a conta atrás antes de comezar a partida, podes ver un esquema do mapa coa localización das armas que podes atopar tiradas polo chan. Claro está que en canto estás un pouco familiarizado co mapa, xa saberás o que hai en cada sitio, pero bueno, nas partidas personalizadas, moitas veces é unha incógnita.

    Apartado “armamentístico”: Nesta ‘mini-entrega’ podemos desfrutar dunhas cantas novas armas. A que máis me chamou a atención foi o Retro Lancer, que é moi similar ó Lancer que vimos anteriormente, só que no canto da motoserra (que gusto daba… xD) leva incorporada unha bayoneta na punta, co que podes facer unha carga en carreira empalando ó inimigo que collas por diante (isto mola máis que serralos…. xDDD). Outro punto máis a favor.

    En canto ó multixogador, é o apartado no que parece que máis mellorou a cousa (boa falta lle facía, todo hai que dicilo…). Nótase ben que agora hai servidores adicados, xa que apenas hai lag nas partidas, non como antes, que se xa no GoW había partidas con bastante lag, no GoW 2, teño visto partidas con máis de 10 segundos de lag, co que se facía imposible xogar. Polo menos agora na Beta, vai bastante ben. Haberá que agardar cando saia o xogo e haxa “uns cantos centos de miles de xogadores máis” se non se saturan os servidores e as cousas funcionan como deberían. +20 puntos.

    En fin, vou ir acabando, que menudo tocho acabo de escribir… xD

    Polo pouco que puiden ver ata o de agora, paréceme que vai ser unha das compras seguras deste 2011.

    En conclusión: xa me tarda en chegar o 20 de setembro… AAAAAAHHHHH!!!!!!!

    • Skaltum di:

      O único que conseguiches é aumentar as miñas ansias por probar este título,aínda que teña que arranxar a miña 360, porque si amigos,onte tamén sufrín o erro das tres luces vermellas.
      En fin,tristezas a un lado, parece que todo pinta ben para Gears of War 3, aínda que que lín noutras opinións que o apartado técnico desta Beta non era tan sorprendente como se esperaba nun primeiro momento, non sei ti que opinas con este tema, porque ben sei que os gráficos non o son todo, pero GoW sempre foi punteiro neste aspecto.

      Pos Data: Para facer o análise da Beta puideches crear un novo post para facelo máis visíbel xD

      Pos Data 2:20 setembro,20 de setembro,20 setembro

      • Si, a verdade é que ben o puiden poñer nun novo post… O certo é que non me pensaba estender tanto, pero ó final saíume un tocho de carallo.. xD
        De todos xeitos, a ver se despois de probalo máis a fondo, se tal fago unha análise máis profunda, que non toquei moito certos temas, como as novas armas, que so puxen unha delas.

        En canto ó apartado técnico, é o de sempre, cada un ten a súa opinión. Hai certas cousas que a uns lles pode gustar moito e a outros nada, por iso eu sempre digo que o mellor é probalo un mesmo e ter unha opinión propia. E si, o GoW, sempre foi punteiro en canto a gráficos: non hai máis que ver o GoW 1, que ten uns gráficos que xa quixeran moitos videoxogos actuais, e iso que xa vai para 5 anos dende o seu lanzamento.

        Un saúdo. 😉 😉

Deixar un comentario