Mario Kart Real

Por: Luns, 21 de Febreiro de 2011

Mario Kart, o mellor xogo de condución da historia, e xa está.

Quizáis soa moi seguro e ameazante pero quero transmitir o enorme aprezo que lle teño a este título, e por isto, non me puiden resistir a poñervos aquí o que sería unha carreira de Mario Kart na cruda realidade.

O vídeo non está mal,pero falta algo que non se debe perdoar, a salvadora ou frustradora cuncha azul.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Mario Kart Real”

  1. Abofé que o é. O mellor xogo de carreiras da historia da humanidade e demais formas baseadas no carbono do universo, é o Mario Kart; si, pero o da SNES, con cunchas vermellas e verdes (e unha de cada vez), que son as requiren de pericia para seren usadas, non esa perverte carreiras da cuncha azul ;P

    Polo Youtube tamén se pode ver ao famoso galo (non, non tan famoso como os irredutibles), Rémi Gaillard, facendo ás veces de Mario co seu Kart polo mundo adiante.

    • Skaltum di:

      E a emoción que engade a cuncha azul?,nunca tes gañado de todo,sempre pode aparecer un halo azul por enriba que che quita toda esperanza, e o pique está asegurado.Sempre hai que estar alerta,atento e preparado para calquera situación.
      Pero certo é que o título da Super Nintendo é impresionante.

      • Xoguei (aínda o fago de cando en vez) moito máis ao da SNES, pero tamén lle mandei bastante ao da N64. O problema do da N64 é que ten unha compoñente aleatoria (ou non tanto) moi alta, dependes menos das túas habilidades (co Kart e cos obxectos). En carreiras de dous xogadores o contido das caixas tenta igualar as cousas dunha maneira exaxerada, ata tal punto que deixarse estar atrás ata case o final, non era mala táctica. Non é mal xogo, tamén é moi divertido, pero onde estea o da SNES…

Deixar un comentario