Xa leva unha semana á venta Dead Space 2 e todo é como se predestinaba anteriormente, é dicir, un xogo obrigatorio para calquera usuario maior de idade.

Eu ando a xogalo e só mencionarei que os sustos e a tensión que provoca é excelente, así e todo, o análise detallado publicareino cando o pase completamente.

Por outro lado, a todos aqueles que lles sobren os cartos poden adquirir a súa edición especial que nos describe a boa protagonista do seguinte vídeo.

Por favor, mirádeo até o final e decídeme se non son uns expertos en vendernos esta edición, porque andar xogando coa cortadora de plasma…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “A mellor forma de promocionar a edición coleccionista de Dead Space 2”

  1. Cadaleito di:

    Pois si que está boa a rapaza esta! Por certo, o xogo é altamente recomendábel.

Deixar un comentario