AR-K, unha aventura gráfica feita por galegos

Por: Mércores, 9 de Febreiro de 2011

Na man de tres coruñeses sae hoxe o primeiro capítulo do que será unha serie chamada AR-K. Este primeiro xogo trae o nome de “Sexo,mentiras e traballos” e ven sendo unha aventura gráfica tentando semellarse ás xoias dos 80 e 90, que viñan na man de desenroladoras tan prestixiosas como Lucas Arts ou Serra.

Para sorpresa e agradecemento meu, o título estará dispoñíbel en galego entre outros idiomas e sumerxeranos nunha aventura futurista no cal parece que todas as necesidades xa están cubertas. Certo día, a nosa protagonista chamada Alicia espertará resacosa e comecerá a dubidar do sistema establecido.

Aparentemente a trama destaca pola intriga e polo humor, e a ambientación será similar ao do cine negro.

O xogo púxese hoxe á venta a 5,95 euros e está pensado para PC. Aínda así, están barallando a posibilidade de sacar versións para Linux,Mac e Ipod. Podédelo descargar na súa páxina web.

Eu aínda non o probei, pero é agradábel ver que hai xente que saca proxectos na nosa língua, e agora se conseguen que o título divirta, xa non hai motivo para non xogalos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

7 Comentarios a “AR-K, unha aventura gráfica feita por galegos”

  1. junpei di:

    Que sexan 5 episodios bótame un pouco para atrás, pero quizais o compre.

    • Skaltum di:

      Segundo dixeron, tardarán entre dous ou tres meses para sacar cada capítulo, tempo suficiente para correxir erros e mellorar a experiencia.
      Veremos en que remata todo.
      Eu polo de agora non teño pensado adquirilo, pero se ti te animas podes facer un análise sobre o meniconado título, o cal publicaremos na páxina.
      Saúdos

  2. Non sei onde se daría esa data, pero aínda non está dispoñible para a descarga. É máis, ese mesmo nove de febreiro comezaban a dobraxe (con María Castro poñéndolle voz á protagonista, segundo anunciaron no seu Twitter), así que aínda faltarán unhas semanas. Nestes meses a súa web apenas medrou en contidos, aínda é moi pouco o que se sabe. Creo que unha demo é necesaria para unha compañía debutante, máis se como parece, cada un dos 5 episodios saen a 6 euros (30 en total). Confiemos en que lles vaia ben, unha aventura gráfica en galego, anda que non soa ben…

    Unha pequena reportaxe n’A Revista: http://bit.ly/fxSbdh

    • Skaltum di:

      Pois a nova saíu en diferentes medios, tanto, que posteriormente tamén vin a noticia nalgún que outro xornal.
      Tamén en Código Cero explicaron que comezou a súa destribución internacional pola rede e na súa páxina pódese facer o pedido do primeiro capítulo:

      Aínda así, eu tamén espero que saia un producto de boa calidade

      • É moi raro iso que comentas, supoño que ninguén inventaría data sen chegar a información directamente da compañía (será que a versión internacional xa está rematada?), pero no seu sitio non atopo data de lanzamento máis afinada ca o primeiro trimestre do presente ano.

        A preorder pódese facer dende hai meses, porén, é estraño que non ofrezan unhas condicións especiais por mercar con antelación, como fai Telltale, unha rebaixa, acceso a contidos extra ou algo así.

        • Nin que nos estiveran a ler, hoxe mesmo publican na súa web:

          “Sexo, mentiras y trabajos de clase”, el primer capítulo del videojuego AR-K, saldrá próximamente a la venta por Internet. Todos aquellos que lo deseen ya pueden adquirir la Pre-Order, lo que les permitirá convertirse en clientes VIP de Gato Salvaje y beneficiarse de importantes descuentos de cara a próximos episodios. Además, recibirán el making of de esta aventura gráfica llena de humor e intriga, fondos de pantalla y una alfa del juego con los diseños a lápiz con el motor usado originalmente y un tutorial para ayudar en la creación de nuevas aventuras.

          Isto xa vai collendo forma, ánimos para eles.

  3. O do 9 de febreiro, seica era a data que saíu coa nota de prensa orixinal (hai uns cantos meses), que se atrasou como tantas veces na Aventura. Segue sen estar confirmada, pero será “en breve”. Xa teño feita a preorder do primeiro episodio, así que terá a súa análise correspondente neste sitio.

    Saúdos

Deixar un comentario