Alá polo inicio desta xeración apareceu un xogo que non se lle deu a importancia que merecía. Tiña como título The Darkness e poñíanos na pel dun protagonista con super poderes escuros, nos cales destacaba a posibilidade de controlar a uns seres do inframundo.
Inxustamente non acadou a fama que realmente merece un xogo destas características, cun apartado técnico impecable, unha xogabilidade moi boa e unha historia que enganchaba cousa mala.
Para aqueles que desfrutamos deste infravalorado título estamos de sorte porque acaban de confirmar a segunda entrega. Incluso deron unha data, na cal sitúa a súa saída neste mesmo outono.
Eu só espero que estea á altura do orixinal.
Totalmente de acordo. A primeira parte foi moi infravalorada, polo menos para o meu gusto, xa que a historia é moi boa.
En canto a esta segunda parte estará ben poder volver a tomar o control deses poderes escuros que posúe o prota Jackie Estacado, co que tantas horas teño desfrutado… jejeje