Tres novas imaxes de Gears of War 3

Por: Luns, 7 de Febreiro de 2011

Con cada día que pasa sinto o Gears of War 3 máis preto, e con esta paulatina cercanía síntome con máis ganas de rebentar aos Locust que aparecerán neste imprescindíbel título.

Por desgraza ata finais de ano non poderemos desfrutar (e desfrutar con maiúsculas), desta terceira entrega, aínda que antes poderémolo catar nunha Demo.

A min sóbrame a Demo,porque xa sei que vai ser un título épico,impresionante,emocionante e cheo de situacións de acción pura e dura.

Para facernos a espera máis curta e facernos babexar un pouco máis, amósannos tres novas imaxes nas que podemos ver a Anya pelexando cara a cara cos Locust.

Xa era hora que se deixara de tanto mandar mensaxes por radio e collese un arma para afrontarse ao exército inimigo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Tres novas imaxes de Gears of War 3”

  1. NetOverflow di:

    Un dos títulos máis agardados do ano, polo menos para a XBOX 360.

    A ver se polo menos nesta nova entrega melloran o multixogador, porque o do 2, deixa moitísimo que desexar, a verdade…

    Un saúdo. 😉 😉

    • Skaltum di:

      A verdade é que o seu multixogador nunca foi moi representativo, pero a min iso non me inflúe demasiado porque tampouco son moi seguidor dos xogos online.
      Eu son dos que prefiro desfrutar dunha boa aventura para un xogador, ou varios a pantalla partida e neste aspecto Gears of War 3 vai estar á altura sen ningunha dúbida.
      Canta espera queda para tantas ganas.
      Saúdos

Deixar un comentario