Modo ultra-difícil de algúns videoxogos

Por: Xoves, 3 de Febreiro de 2011

Moitos xogadores (eu incluido), queixámonos moitas veces da invisíbel dificultade dalgúns videoxogos.

Pois eu son dos que aínda me sigo queixando, pero se fose como aparece neste vídeo tampouco estaría moi de acordo, aínda que as risas nas tardes de colegas estarían aseguradas.

Visto en Pixfans

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Modo ultra-difícil de algúns videoxogos”

  1. Un blog de videoxogos en galego! A verdade é que vos felicito polo esforzo porque ten moito mérito, a ver se podedes medrar, que a iniciativa góstame moito e semella que ides polo bo camiño. Seguide así!

  2. Skaltum di:

    Tentaremos seguir así e mellorando pouco a pouco, e mentras continúen seguidores así recoñecendo o traballo e esforzo seguiremos adiante facendo desfrutar a todos aqueles que nacemos cun pad na man.
    Saúdos e moitas grazas

Deixar un comentario