Sony volve demostrar a potencia da NGP (PSP2)

Por: Mércores, 2 de Febreiro de 2011

As novas das portábeis están acaparando toda a rede, e Sony, dende que presentou a súa PSP 2 non deixa de deleitarnos con vídeos demostrativos da súa consola.

Nesta volta volve deixar patente que a potencia de NGP apunta moi alto, e amósannos grandes títulos como Killzone (espectacular), Resistance, Little Big Planet ou o xa máis que esperado Uncharted.

Este vídeo tamén serve para que vexamos parte da súa xogabilidade, como o recoñecemento da posición da consola ou a súa pantalla táctil, pero moito me temo que estas dúas características quedarán a un segundo plano se o resto da xogabilidade é precisa, e non como acontece coa actual PSP.

E todo isto está moi ben, pero cando unha data concreta e un prezo?, moitos intúen que estará entre os 250€ e 300€, pero eu conto que sexa algo máis cara…espero que me equivoque.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Sony volve demostrar a potencia da NGP (PSP2)”

  1. Donatica di:

    Ten unha pinta boiiiisima!! a ver cando podemos catala…

  2. junpei di:

    O.o
    Vai custar o mesmo que a irmá maior??

Deixar un comentario