Duke Nukem Forever, por fin???

Por: Martes, 1 de Febreiro de 2011

Duke Nukem Forever

Pois si, fai uns días que 2K Games e GearBox Software anunciaron o lanzamento da continuación da mítica saga ‘Duke Nukem’ que chegará ás tendas (será desta???) o vindeiro día 3 de maio en Estados Unidos e o 6 de maio no resto do mundo. Estará dispoñible para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

Despois de 15 anos dende a saída do mítico ‘Duke Nukem 3D’ (1996), inumerables cambios de datas e ata de compañía, parece ser que será o vindeiro día 6 de maio cando por fin poderemos volver a desfrutar desta máis que coñecida saga de videoxogos.

Duke Nukem Forever

Páxina oficial

Por agora pouco se sabe do xogo, xa que soamente publicaron un pequeno trailer con algunha imaxe “ingame”, mais agardamos que pouco a pouco, segundo se vaia achegando a data de saída, se vexa algunha cousa máis.

Aquí tedes o trailer oficial:

A ver se esta vez é a definitiva e non temos que sufrir outro atraso para poder desfrutar de novo con este videoxogo.

Como anécdota, dicir que o 6 de maio xusto se cumpren 2 anos dende que 3D Realms anunciara a cancelación do proxecto por problemas de financiación, o que lle ocasionou algunhas disputas legais con Take-Two (propietaria dos dereitos de distribución da franquicia). Finalmente, outorgóuselle o traballo a GearBox Software.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario