Botándolle un ollo a Pixfans atópome con este curioso xeroglífico.
Como non podía ser de outro xeito a temática é de videoxogos e nesta imaxe atópanse 36 cadradiños pertencentes a 36 videoxogos diferentes. Seredes capaces de adiviñalos todos?
Por se non o conseguides (por moito que me pese, eu non atopei os trinta e seis), aquí vos deixo o enlace coa solución.