Imaxe e vídeos de PSP 2

Por: Xoves, 27 de Xaneiro de 2011

Pois a imaxe filtrada días anteriores non era real, e despois de que Sony realizase un evento para presentar a súa nova NGP (espero que non deixen este nome), podemos comprobar a auténtica forma e incluso algúns vídeos sobre os títulos que terá.

O primeiro que debo mencionar é que a consola sairá a finais deste ano, algo sorprendente tendo en conta que aínda se acaba de sacar á luz.

Grazas aos vídeos expostos a continuación podemos confirmar os dous sticks analóxicos (xa todos contabamos con eles), pantalla táctil e posibilidade de manexar títulos con só mover a consola.

Con relación aos títulos xa están confirmados Killzone,Resistance e a maior sorpresa foi a aparición dun novo Uncharted. Aquí podemos ver un vídeo resumo dos videoxogos que poderemos desfrutar:

Con isto non quere dicir que os xogos que traerá a consola no seu inicio sexan do mellor,porque está claro que os títulos iniciais sempre son normaliños, pero o que parece é que acertaron na potencia gráfica.

Aínda non hai vídeos cunha calidade excelente, pero co que temos até o de agora podemos previr que neste aspecto estará á altura.

Amósovos este vídeo de Uncharted, para que opinedes neste asunto:

Aquí vos deixo unha galería de imaxes:

<

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario