O rumor que saíu hai unhas semanas acábase de confirmar estes días.

Final Fantasy XIII-2 terá unha continuación en forma de segunda parte. Con recordar un pouco, saberemos que a décima terceira parte de Final Fantasy xa provocou moitas discusións, e con razón.

A min particularmente non me gustou demasiado nin a súa linearidade exaxerada, nin os seus combates e nin sequera o seu argumento cunhas personaxes moi pouco carismáticas.

Pero parece que os seus creadores non quedaron tranquilos e queren facernos sufrir un pouco máis con esta nova entrega. Non quero ser escéptico (aínda que nestes momentos o sexa), pero moito temo que esta segunda parte non vai traer nada de bo.

Non se decatarán de que con tantas entregas de Final Fantasy o único que conseguirán é desprestixiar a saga?

Lembrádesvos de cando Square Enix anunciaba un próximo título e toda a prensa se alporizaba?

Pois ben o vedes, agora nin sequera esta entrega (parece que sairá este ano) conseguiu emocionar os usuarios. Por que? Xogade ao Final Fantasy XIII e comprenderédelo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario