Super Mario Bros., o filme que nunca debeu existir

Por: Mércores, 12 de Xaneiro de 2011

Existen pola Internet moitos fakes de filmes baseados en videoxogos, como o xa comentado Pokémon Apokélypse ou a brincadeira de Zelda do 1 de abril. Por desgraza, este non é o caso.

Parece ser que no ano 1993 algúns produtores de Hollywood opinaron que a infancia dos cativos estaba a ser demasiado feliz, polo que decidiron argallar algo. Apañaron un videoxogo de éxito, desfiguraron a historia, situárona nunha realidade que non é a propia del, modificaron as personaxes e deseñaron un argumento que só pode ser concibido por persoas nun estado alterado de consciencia por causa do consumo masivo de estupefacientes. E así, donas e cabaleiros, saíu tamaña bosta.

Para quen queira deleitarse con esta obra mestra da inmundicia, está dispoñíbel en galego para a súa descarga no foro Os Arquivos da Meiga. Védea e xa me contaredes 😉

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

1 Comentario a “Super Mario Bros., o filme que nunca debeu existir”

  1. Skaltum di:

    Non quero recordar a Yoshi, non o quero recordar.
    Aínda así, as de Mortal Kombat tampouco teñen desperdicio ningún, buffff, que paciencia hai que ter, e porque non quero recordar a de Dragon Ball…

Deixar un comentario