Onte, con algún problemiña

Por: Mércores, 12 de Xaneiro de 2011

Os que vedes esta páxina diariamente saberedes que onte estivemos inactivos.

Non foi outra cousa que un erro noso, coa plantilla e co servidor. Como se pode aprezar, Memoria Pixelada está sufrindo un cambio estético, e estas cousas pasan.

Aínda así, espero que valese a pena e que vos guste o novo deseño. En posteriores días continuarán cambiando algúns detalles visíbeis en Memoria Pixelada.

Espero que sexa do voso agrado.

Acéptanse opinións.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Onte, con algún problemiña”

  1. AmilGZ di:

    Sniff… tudo foi culpa minha… perdom!

Deixar un comentario