Célula Real

Por: Mércores, 12 de Xaneiro de 2011

Creo que non existe ninguén que descoñeza a este inimigo de Son Goku.

Pero nunca o vistes tan realista como aquí. Se xa impoñía en debuxos, imaxinádevos atoparvos cun ser así.

Todo isto sae da mente de David Muñoz e xa fixera anteriormente a Freazer realista. Se queredes ver o resto de imaxes premede no seguinte enlace.

Visto en: Pixfans

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario