Por fin gameplay de Catherine

Por: Mércores, 5 de Xaneiro de 2011

Sen lugar a dúbida este é un dos xogos máis raros que están por chegar no panorama dos videoxogos. Xa se teñen amosado imaxes e ninguén sabía de que se trataba (nin sequera a qué xénero pertencía).

Pois agora podemos ver por fin o primeiro vídeo con gameplay e a verdade… eu continuo sen saber moi ben de qué se trata.

Polo que parece, trátase dun título que mestura rol e plataformas. Parécevos curioso?, pois esperade a ver o tráiler. Homes con cornos, tetas grandes , señores xigantes que nos queren cravar cun garfo, caixóns traicioneiros e moita sangue.

O apartado gráfico é un tanto tétrico, pero según parece estamos nos soños do protagonista, aínda que non cambia o feito que non destaquen demasiado ante un título moi orixinal.

Veremos en que remata Catherine, pero polo de agora ten moitos alicientes para chamar a atención do xogador, aínda que sexa simplemente polo seu onírico plantexamento.

http://www.youtube.com/watch?v=CA_Y-KL-QgI&feature=player_embedded

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario