Xa fai un tempo que sabemos que Lara Croft quere resetear á saga cun título que implicará algún que outro cambio. O primeiro deles e o máis salientábel é que lle dará moita importancia á supervivencia da protagonista, e sexamos honestos, todo anuncio de videoxogo que leve a palabra supervivencia inmerso mola (erróneamente recórdame ás primeiras declaracións de Konami para describir a súa gran xoia Metal Gear Solid 3).
Ademais, ou polo que podemos ver nas imaxes, o xogo será bastante máis escuro que todos os seus antecesores e contará cunha Lara máis “realista”.
Personalmente o apartado técnico gústame moito, e se conseguen manter unha xogabilidade boa e unhas plataformas decentes poderemos estar ante un título moi a ter en conta, pero como nunca me canso de repetir, non se pode comer polos ollos, esperemos a ter a comida no prato, e probémola, a ver que tal.
Por certo, GameInformer é a revista encargada de emitir estas imaxes. Se queredes ver a galería completa abonda con entrar no enlace.
Novas imaxes de Lara Croft
Venres, 31 de Decembro de 2010