A saga Call of Duty sempre foi símbolo de calidade e bo facer, pero agora, parece que a ovella negra da familia, Black OPs para PS3, está a votar por terra toda a súa ben merecida fama.
Nesta páxina podes atopar unha petición de sinaturas para demandar que che devolvan os cartos pola chapuza de xogo que fixeron: bugs, colisión onde non corresponden, e un sinfin de queixas é o que acumula este xogo.
Polo de agora xa van 15090 sinaturas. Cantas será preciso alcanzar para que lles devolvan os cartos? O máis inexplicable, por que non sucede o mesmo na versión da Xbox?
Pois non estaba enterado eu disto, xa que en case todos os análises que se fixeron poñen a este título, nunha altura moi alta.
Precisamente eu analicei o da plataforma Xbox 360 nesta páxina, e como ben dis, o xogo está perfecto.
Aparentemente programar para a Playstation 3 é moito máis complexo, pero isto non é excusa para que non fagan o traballo que deben, e uns poidan desfrutar do título correcto e outros paguen o mesmo por algo sen acabar.
Pero tranquilos, que os cartos nunca os ides recuperar, aínda máis, contade con parches,DLCs e outras descargas para tentar arranxalo…
Canta paciencia hai que ter